Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

A documentación informativa

Imagen
A ciencia documental é o froito dun proceso evolutivo no desarrollo das sociedades sendo testemuña do coñecemento e sabeduría. Tivo os seus inicios no arquivismo, e co tempo o interese vai ser o aspecto puramente documental. A partir de 1895 Paul Otler e Henri La Fontaine fundan en Bruxelas o Instituto Internacional Bibliográfico co fin de facer o “Libro Universal do saber” e ir recopilando o traballo intelectual que se fora producindo, de tal xeito, que para catalogar o inmeso número de material que se producía, entre 1868 e 1944, Paul Otle t perfecciona o método de clasificación decimal universal. Introdución No pasado a transmisión da información e do coñecemento era para grupos moi concretos, a xente do común fundamentalmente tiña unha comunicación oral. A historia na súa evolución marcou novos tempos, a cultura democratizouse levando parello o acceso a información a un sector máis amplo da sociedade. Neste contexto créanse ferramentas que fagan posible resolver e dar